Arturo Marquina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 |
Morte | 1 de xaneiro de 2024 (90/91 anos) O Carballiño, España |
Alcalde do Carballiño | |
1995 – 2005 – Pachi Vázquez → | |
Actividade | |
Ocupación | empregado de banca, político |
Juan Arturo Marquina Vázquez, nado en 1933 e finado no Carballiño o 1 de xaneiro de 2024, foi un político galego que chegou a ser alcalde do Carballiño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesionalmente foi empregado de banca, primeiro na Caixa de Aforros provincial de Ourense, e logo director da sucursal do BBVA no Carballiño, que foi o posto en que se xubilou.[1]
Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro polo PPdeG nas listas que encabezaba José Luis García Rodríguez e que sería elixido alcalde tras un pacto con Converxencia Centrista. Rodríguez dimitiu en decembro de 1993 e foi substituído por Marquina, que continuou de alcalde ata as municipais de 1995. Neses comicios encabezou a candidatura do PPdeG e foi superado polo PSdeG de Pachi Vázquez, o cal pasou a ostentala alcaldía e gobernar en coalición co BNG. Continuou como líder da oposición carballiñesa, pero non se presentou aos seguintes comicios.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou e tivo cinco fillos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pinal, Sabela (2024-01-01). "Muere Juan Arturo Marquina Vázquez, exalcalde de Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2024-01-02.
- ↑ Redacción (2024-01-02). "Luto en O Carballiño: fallece Juan Arturo Marquina Vázquez a los 90 años, alcalde de la localidad". Noticias Ourense Hoy (en castelán). Consultado o 2024-01-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Marquina |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Luis García Rodríguez |
Alcalde do Carballiño 1995 - 2005 |
Sucesor: Pachi Vázquez |